PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL 2026″
O Concello de Ourol, a través do Departamento de Servizos Sociais, informa da convocatoria do programa “Xuntos polo Nadal”, promovido pola Xunta de Galicia e destinado a persoas maiores que se atopan soas durante estas datas.
O programa ofrece estadías gratuítas en residencias de tempo libre de O Carballiño e Panxón, con aloxamento, pensión completa, actividades de animación sociocultural e transporte en autobús desde os puntos establecidos.
Requisitos principais:
- Ter 60 anos ou máis.
- Estar empadroado/a nun concello galego.
- Vivir só/a e pasar só/a as datas do Nadal.
- Valerse por si mesmo/a.
Prazo de solicitude: Ata o 30 de novembro de 2026.
As persoas interesadas poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol para recibir información e orientación sobre a tramitación.
Porque compartir o Nadal tamén é unha forma de acompañar.
