VISITA DO CIM MÓBIL Ó CONCELLO DE OUROL O DÍA 27 DE OUTUBRO
O CIM Móbil visitará o Concello de Ourol o vindeiro 27 de outubro.
Esta unidade itinerante ofrecerá información, orientación e asesoramento gratuito en materia de igualdade, prevención da violencia de xénero, recursos sociais e dereitos das mulleres.
- Lugar: Praza detrais do Concello.
- Data: 27 de outubro de 2026.
- Horario: de 12:00 a 13:00 horas.
Animamos a toda a veciñanza a achegarse e coñecer os recursos e servizos que o Centro de Información á Muller pon á disposición da cidadanía.
