PROTECCIÓN CIVIL
Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ourol
De acordo coa normativa vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, trátase dunha agrupación integrada no seo do concello de Ourol e cumpre os seguintes requisitos:
- O fin principal é a colaboración coas autoridades competentes en tarefas relacionadas coa protección civil.
- É de carácter aberto para todas as persoas físicas residentes en Ourol.
- Constitúese sen ánimo de lucro e o seu funcionamento interno é democrático.
- Figura inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia desde o ano 1996 co nº 118 (folio ou118).
Requisitos de ingreso
- Ter unha idade mínima de 16 anos.
- Ser veciño de Ourol.
- Dispoñer de tempo libre para colaborar de forma altruísta e voluntaria.
Nº de Membros
0
¿Que é a Protección Civil?
Segundo establece a Lei 2/85 do 21 de xaneiro, defínese como a protección física das persoas e bens, en situación de grave risco, calamidade pública ou catástrofe.
A protección civil debe actuar a través de procedementos de ordenación, planificación, coordinación e dirección dos distintos servizos públicos relacionados coa emerxencia que se trata de afrontar.
Funcións
- Realiza intervencións coordinadas de ordinario e permanente ao cumprimento de fins coincidentes coas necesidades derivadas das situacións de emerxencia nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidades públicas.
- Participa na coordinación e control de eventos públicos.
- Realiza actividades que permitan evitar emerxencias menores e así reducir os seus efectos, reparar os danos e, no seu caso, contribuír a corrixir as causas produtoras das mesmas.
Accións e servizos
- Incendios forestais.
- Rescate e axuda en certas épocas do ano daquelas persoas que por catástrofes naturais atópanse incomunicadas.
- Axuda na estrada por derrubes ou accidentes.
- Intervención con reses ou gando que poida ocasionar algún tipo de risco na vía pública.
- Coordinación de eventos sociais.
- Participación e colaboración en plans de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Accións en actividades formativas, coa realización de cursos.
- Servizo 24 horas.
Dotacións da AVPC de Ourol
- Vestimenta completa para todos os voluntarios.
- Material de prevención e traballo.
- 3 emisoras.
- 1 radio Tranking.
- Portofonos.
- Lanternas.
- 1 vehículo todoterreo, equipado con botiquín, extintor, ferramentas e emisora.