A BIBLIOTECA
A Biblioteca de Ourol é unha institución de carácter público e gratuíto que depende do concello de Ourol. Está situada no primeiro piso da Casa da Cultura (Antigo Cuartel da Garda Civil).
NOVAS E EVENTOS
Ourol acolle os días 26 e 27 de setembro de 2026 as IV Xornadas Etnográficas da Mariña, cun completo programa de...
07/07/2026
RUTA INDIANA OUROL 2026 Límite de prazas: 16 prazas por saída. Lugar: Casa do Concello. A ruta comezará na Casa do...
Ofrece os seguintes servizos:
- Servizo de préstamo a domicilio: os socios/as poden levar prestados para a súa casa 5 préstamos entre libros e audiovisuais durante 21 días renovables.
- Lectura en sala: a biblioteca conta con 10 postos de lectura en sala onde se poden consultar numerosos documentos. Conta ademáis con sala infantil e xuvenil.
- Wifi gratuíto: acceso a wifi de forma gratuíta onde os usuarios se poden conectar desde o seu portátil, teléfono móbil ou tablet.
- Acceso a GaliciaLe: os socios/as da biblioteca teñen acceso a GaliciaLe, a plataforma do libro electrónico onde poden descargar en préstamo e-books, tanto en galego como es castelán.
- Solicitude de novas adquisicións: os socios/as poden suxerir á biblioteca a compra de documentos que non se atopen no seu catálogo e que consideren oportuno que deben formar parte do fondo documental.
- Consulta da bases de datos da biblioteca no catálogo on- line: na seguinte dirección os usuarios/as poden consultar os fondos da biblioteca e comprobar a súa disponibilidade: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal
- Hemeroteca: os usuarios teñen a súa disposición a prensa diaria para a súa lectura.
- Actividades culturais: ó longo de todo o ano a biblioteca ofrece numerosas actividades para adultos, público infantil e xuvenil.
Para facer uso da Biblioteca:
Os nosos servizos son completamente gratuítos e non necesitas ningún requisito específico para facer uso deles, únicamente para o servizo de préstamo a domicilio necesitas ter o carné da biblioteca. Este carné podes facelo no momento da solicitude nas dependencias da biblioteca sen custe ningún.
luns a venres de 8:00 h a 14:30 h
luns a venres de 8:00 h a 14:00 h





