O Concello de Ourol continúa avanzando no seu compromiso coa promoción da igualdade real entre mulleres e homes a través das actuacións previstas no III Plan de Igualdade do Concello de Ourol 2025-2028, que establece como unha das súas liñas estratéxicas a prevención e actuación fronte á violencia de xénero. Este compromiso materialízase mediante accións de sensibilización, formación e empoderamento dirixidas á cidadanía, coa finalidade de fomentar relacións igualitarias, detectar situacións de desigualdade e reforzar os factores de protección fronte á violencia machista
Neste marco desenvólvese o obradoiro “Con Voz Propia”, organizado en colaboración coa Asociación de Mulleres en Igualdade BUMEI, como un espazo de encontro, reflexión e participación dirixido ás mulleres do municipio. A actividade pretende fortalecer a autoestima, favorecer o empoderamento persoal e proporcionar ferramentas para identificar e previr situacións de violencia de xénero, contribuíndo á construción dunha sociedade máis igualitaria e libre de violencias.
- Dirixido a mulleres
- Data: 25/08/2026
- Horario: De 11:00 a 12:30 horas
- Lugar: No edificio multiusos de Ourol
- Contacto: Departamento de Servizos Sociais 982559109/677489457
Empoderémonos para decidir. Á igualdade únenos. O bo trato fainos libres.
Espacio seguro. Participativo. Respectuoso. Transformador.
ANÍMATE A PARTICIPAR!! ANÓTATE NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS 982559109/677489457
