Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, estase a organizar un Curso de Mobilizacións e Coidados a Persoas Dependentes, dirixido tanto a profesionais como a coidadores/as familiares.
O obxectivo desta formación é proporcionar habilidades e estratexias prácticas para a correcta realización de mobilizacións, transferencias, cambios posturais e hixiene postural, contribuíndo así a mellorar o coidado das persoas dependentes e previr lesións nas persoas coidadoras. Para esta formacion contaremos cunha profesional Fisioterapeuta do SERGAS.
- Lugar: Edificio Multiusos do Concello de Ourol
- Data: Xoves, 7 de maio de 2026
- Hora: 16:30 h
INSCRICIÓNS
- No Departamento de Servizos Sociais
- Chamando aos teléfonos: 982 55 91 09 / 677 48 94 57
- A través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns: https://escolasaude.sergas.es/Contidos/Cursos-presenciais
Animámosvos a participar nesta actividade formativa de gran utilidade para o día a día!
