O Concello de Ourol, a través do Programa Educando en Familia e coa colaboración do Departamento de Servizos Sociais, organiza a charla “Familias que coidan, familias que escoitan”, dirixida a todas as familias do concello interesadas nesta actividade.
Esta sesión forma parte dun ciclo de charlas programadas como peche do curso escolar e será impartida por unha pedagoga especialista en intervención educativa-familiar.
- Sábado, 6 de xuño de 2026
- Antigo Colexio de Ourol
- De 11:00 a 12:30 horas
Un espazo para reflexionar, compartir e fortalecer a comunicación e o acompañamento familiar. Agardámosvos!
