Dende o concello informamos que nestos momentos contamos con PRAZAS dispoñibles na UNIDADE TERAPÉUTICA PARA PERSOAS CON DETERIORO COGNITIVO E OUTRAS DEMENCIAS. Esta actividade realízase en colaboración coa Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras demencias de Viveiro.
Con este recurso pretendemos dar resposta a unha dobre necesidade:
- Proporcionar un recurso de respiro familiar para as persoas coidadoras.
- Manter as capacidades físicas e mentais das persoas beneficiarias e frear na medida do posible o proceso de deterioro.
Para o seu desenvolvemento cóntase con persoal especializado (traballadora social/educadora social e auxiliar de enfermería).
Esta actividade estase levando a cabo os MARTES en horario de 16:00 A 19:00 H (3HORAS) no CENTRO SOCIAL DE MERILLE e non ten ningún custe económico para a persoa participante. Todas aquelas persoas interesadas neste servizo poden poñerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais do Concello ou nos teléfonos (982559109/ 677489457)
