Actividades para persoas maiores
Desde o Departamento de Servizos Sociais estamos a organizar diversas actividades dirixidas a persoas maiores, que comezarán durante o mes de outubro. Para anotarse en calquera delas, as persoas interesadas deberán acudir ao Departamento de Servizos Sociais e cubrir unha ficha de inscrición. As prazas asignaranse por orde de solicitude.
Prazo límite de inscrición: 29 de setembro.
Curso de ximnasia de mantemento para persoas maiores
- Días
- Martes e venres
- Hora
- 11:30 h (45 minutos)
- Inicio
- 2 de outubro (venres)
- Lugar
- Edificio Multiusos
Curso de adestramento da memoria
- Día
- Luns
- Hora
- 11:00 h (90 minutos)
- Inicio
- 5 de outubro (luns)
- Lugar
- Edificio Multiusos