O Concello de Ourol solicitou ao abeiro da Resolución do 25 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas. Anualidade 2025 (código de procedemento IN418E), unha subvención para constituir unha comunidade enerxética local en Ourol.
Desde o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) concedeuse unha axuda para esta actuación de constitución de comunidade enerxética local en Ourol, por importe de 11.040,00 €.
Actualmente, xa está legalmente constituída dita comunidade co nome de ASOCIACIÓN COMUNIDADE ENERXÉTICA DE OUROL; sendo unha asociación sen ánimo de lucro donde cuxo obxecto principal é contribuir á sustentabilidade enerxética promovendo a produción e o consumo de enerxía renovable por parte dos veciños, empresas e Administración Local do Concello de Ourol.


