O vindeiro 8 de marzo, terá lugar a V Xuntanza de Mulleres organizada polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol. Con este evento queremos crear un espazo que sirva de punto de encontro para brindar polos logros acadados e, sobre todo, para seguir reclamando xuntas os dereitos que ainda nos quedan por conquistar ata acadar unha igualdade real.
Vémonos para compartir mesa, conversa e baile nun día cheo de sororidade.
- Onde: Restaurante Louzao (Viveiro).
- Cando: 8 de marzo ás 14:00 h.
- Custe: 35 €.
Reserva a túa entrada! Podes recollela no Departamento de Servizos Sociais do Concello ata o 4 de marzo.
¡Anímate a participar e pasa un día diferente entre compañeiras! ¡Agardámoste!
