O Concello de Ourol en colaboración con Afundación-Obra Social Abanca, vai a levar a cabo unha sesión formativa sobre USO DE CAIXEIROS DE FORMA FÁCIL E SEGURA.
Esta actividade enmárcase no Programa de Formación Financieira da entidade e ten como obxectivo principal o de aprender a facer uso dos caixeiros dunha forma eficiente para as operacións máis habituais en calquer momento.
Así mesmo, tamén se proporcionarán consellos de seguridade tanto para o uso dos caixeiros como no manexo das tarxetas bancarias.
Esta sesión terá lugar no Edificio Multiusos do Concello o xoves 16 de abril ás 11:00 horas.
Para máis información ou para anotarse na actividade poden contactar co Departamento de Servizos Sociais Municipal ou nos teléfonos 982559109/677489457
