Contratación programa Garantía Xuvenil 2026 da Xunta de Galicia (cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027)

O Concello de Ourol ven de realizar a contratación dunha persoa moza inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no posto de peon forestal (CNO 9543) cunha duración do contrato de 9 meses segundo a resolución de concesión dunha subvención, de data de 11 de agosto de 2026 da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Relacións Laborais por importe de 16.902,64 €, ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e cos organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2026 (Código de procedemento TR350 E).
Esta axuda está cofinanciada nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, dentro do Obxectivo político 4 “Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais”, Prioridade 5 “Emprego xuvenil”.
O obxectivo desta contratación é o de proporcionar a este persoa moza unha experiencia e práctica profesional como peon forestal que facilite a súa posterior inserción laboral, conseguindo como resultado mellorar a empregabilidade deste colectivo ademais de reforzar os servizos municipais deste concello.