Accesibilidade
O Concello de Ourol comprométese a facer accesibles o seu sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web do Concello de Ourol.
Situación do cumprimento
Este sitio web é parcialmente conforme ao RD 1112/2018 debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.
Contido non accesible
O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:
Falta de conformidade co RD 1112/2018:
- Existen ligazóns que pola súa lonxitude afectan á accesibilidade cognitiva afectando o requisito 9.2.4.4
- Nalgunhas noticias ou contidos estáticos non revisados desde a súa publicación, poden existir erros de marcado HTML ou uso de elementos HTML para modificar a presentación dos contidos que poden provocar erros semánticos ou algún problema de visualización en determinados dispositivos ou produtos de apoio.
- No portal puidese existir contidos noutros idiomas nos que non está etiquetaxe correctamente o cambio de idioma.
- Nalgúns contidos podería detectarse certa falta de contraste.
- Nalgunhas páxinas poderían identificarse problemas na xeración do html (ex. listas incorrectamente formadas, táboas que non cumpren por completo a normativa de accesibilidade, textos de ligazóns demasiado longos e iframes sen a información necesaria)
O gran número de páxinas e persoas que manteñen os contidos web municipais poden facer que se produzan erros que impidan o cumprimento estrito destas normas ou que algún usuario non acceda á información.
Carga desproporcionada: non aplica.
O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: non aplica.
Preparación da presente declaración de accesibilidade
Esta declaración foi preparada o 29/07/24
Observacións e datos de contacto
En atención ao disposto no artigo 10.2 do RD 1112/2018 pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade, tales como: informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web.
Tamén pode presentar:
- Unha queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018
- Ou unha solicitude de información accesible relativa a contidos que están excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 (segundo establece o artigo 3.4) ou a contidos que están exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impoñer unha carga desproporcionada. Na solicitude de información accesible débense concretar, con toda claridade, os feitos, razóns e peticións que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.
As comunicacións, queixas e solicitudes serán recibidas e tratadas polo Concello de Ourol.
Procedemento de aplicación
Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada ou a resposta non cumprise os requisitos contemplados no artigo 12.5 do RD 1112/2018, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderá iniciar esa reclamación transcórrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.