Ruta Indiana

Ruta Indiana

Non hai nada que mellor defina o noso pobo que o seu carácter emigrante. O eco da emigración aínda persiste hoxe nas casas de estilo colonial, que sen dúbida conforman un riquísimo patrimonio arquitectónico coas súas singulares e elegantes formas; nas numerosas escolas que financiaron os emigrantes, presentes en cada unha das parroquias do concello; e nos recordos de moitos veciños que tiveron que saír fora buscar un futuro mellor.

A emigración supoñía unha promesa de prosperidade detrás da que se escondía unha dramática realidade: o abandono do fogar e da familia e a incerteza dunha vida nun país descoñecido ó que se chega escapando dunha situación na terra nai de fame, enfermidades, crise económica…

Fronte a todo isto países coma Cuba, Porto Rico, Arxentina, Uruguai… prometían progreso, cultura, educación e prosperidade. Nestes lugares os galegos comezan a fundar asociacións como a “Asociación naturales de Galicia” ou “Vivero y su comarca”; asisten a clases, aprenden a ler e a escribir e desenvólvense entre a burguesía accedendo a postos destacados no eido económico e empresarial.

Toda a Info
da Ruta

Coñece a historia de cada unha das casas indianas e localiza cada elemento da ruta nun mapa funcional.

???

Os cartos comezan a chegar a Galicia e empréganse na compra de terras, na construción de estradas pero sobre todo na construción de escolas de educación primaria cos finalidade de erradicar o analfabetismo nas súas zonas de influencia. Xunto a todas estas obras outro aspecto destacado no que se vai reflectir a situación do emigrado e retornado indiano é a vivenda. Nalgúns casos trátase de remodelar a casa autóctona aumentando metros, subindo alturas ou incluíndo elementos de confort e hixiene, como por exemplo o baño. Noutros casos vanse construír grandes vivendas que van lembrar os antigos pazos señoriais e incluso superalos en grandeza e comodidade.

O Concello de Ourol co apoio da Mancomunidade de concellos da Mariña Lucense, a cargo do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense, cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, pon en marcha esta Ruta Indiana coa finalidade de poñer en valor a cultura e o patrimonio indiano do concello de Ourol.

Esta ruta conta con dezasete recursos que forman a ruta por Ourol, 14  casas, 2 escolas de indianos e o cemiterio indiano de Xerdiz.

Concello de Ourol © 2024. All Rights Reserved - Aviso Legal - Política de Privacidade e Cookies - Accesibilidade

Close Popup

Concello de Ourol utiliza cookies propias y de terceros que permiten mejorar la usabilidad de navegación y recopilar información. No se utilizarán las cookies para recoger información de carácter personal. Solo se instalarán las cookies no esenciales para la navegación si acepta esta característica.

Close Popup
Privacy Settings saved!
Configuración de Privacidad

Puedes revisar tus preferencias de privacidad para ver las cookies que utilizamos para mejorar tu experiencia y la política de privacidad.

Permiten al usuario la navegación a través de una página web, plataforma o aplicación y la utilización de las diferentes opciones o servicios que en ella existan como, por ejemplo, controlar el tráfico y la comunicación de datos, identificar la sesión, utilizar elementos de seguridad durante la navegación o compartir contenidos a través de redes sociales.

GDPR
Permite guardar sus preferencias acerca de nuestra política de cookies.
  • wordpress_gdpr_cookies_declined
  • wordpress_gdpr_cookies_allowed
  • wordpress_gdpr_allowed_services

Wordpress
Cookies propias de Wordpress. Usada para comprobar si el navegador acepta las Cookies.
  • wordpress_test_cookie

Rechazar todos los servicios
Acepto todos los servicios